martes, 10 de noviembre de 2015

A música de Familia Caamagno

Dende a Galiza máis profunda chega a Familia Caamagno, de Sigüeiro. Estes rapaces mezclan o garaxe, o blues, a empanada de pulpo, o rhytm and blues, foden cos pés no río e encántalle o punk. Baixo unhas vestimentas especiais e con un toque moi dos 90, intentan facer bailar a todos ainda que se fagan os duros… Con raíces italoamericanas e dunha maneira moi desenfadada tratan de animar as festas dun xeito moi peculiar dende finais do 2009. O grupo, formado por Toni Caamagno, Lano Caamagno, Francesco Caamagno, Jess Caamagno e Manuele Caamagno (a súa voz), comezou versionando rock dos 60 nun baixo da vila sigüeirense e rematou adaptando os temas que mellor soaban ó Galego. Xamáis deixarán de recordarnos ós Beatles cunha actitude moi de Los Ramones.



Discografía:
  • Familia Caamagno (2012)
  • Cantan polo Nadal! (2012)
  • Hai que andar cos tempos! (2014)