Baixo un lema de amor e liberdade, a banda NAO está dando guerra dende o ano 2005. Arrancan a súa andaina dende o pobo da Estrada, froito da confluencia de músicos veteranos do panorama galego. Pablo Jasper, X. Ramón Iglesias, Gustavo Brea, Xosé Maceira e Xavier Castro conforman a primeira formación que arrancou os dous primeiros proxectos entre 2005 e 2007: “Usa a palabra” e “Somos”. No ano 2007, incorpórase Paul Zervero á formación no lugar de Maceira, coma se dun cambio futbolístico se tratase. En agosto dese mesmo ano, gravan nos estudos Garate de Andoain (Guipuzkoa) o seu primeiro álbum de estudo. Baixo o título de “As palabras espidas” comezan unha xira que os vai levar a máis de 30 concertos por Galicia, Euskadi e Catalunya. En novembro do 2008 incorpórase Fran Rocha á voz en lugar de Xavier Castro. En decembro de 2009, entran no estudo que os veu dar os seus primeiros pasos como grupo Mafia Records (O Carballiño). Coa producción de Óscar Fernández graban o que é o último disco ata a fecha: “Coas túas mans”. A finais de 2010 Fran deixa a banda e en ese momento deciden manter a súa esencia e non buscar un novo vocalista. Jasper, letrista do grupo, é o encargado de berrear diante do micro principal. En estos case seis anos de vida NAO logrou converterse nun referente do rock en galego. A mezcla explosiva de forza e son con textos moi coidados distanciaranos dos demais. Rock e poesía con un directo moi potente que fai saltar a todos os presentes. Chegarán máis discos, en proceso está o seu terceiro álbum, mentres seguen dando o callo en directos para, como eles din: “non perder a forma”.
Discografía:
- Canción de Amor e Liberdade (2013)
- Cartas no caderno (2014)
